akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

Plástico Elástico Agosto ( programas nº 13,14,15 e 16)

Enviar Imprimir PDF

Para escuitar ou descarregar os programa emitidos durante o mes de agosto (nºs 13, 14, 15 e 16), accede a esta ligazón de Radio Pai

Informate do contido destes programas clicando en LER MÁIS

PROGRAMA !3: AXENDA FESTIVALEIRA ROCK DA SEMANA EN GALICIA

Teremos con nós no estudo á xente do Armadiña Rock de Combarro e falaremos tamén a fondo doutros festivais coma O Marisquiño (Vigo), Rock and Roll Dance Party (A Guarda), da xira de The Flaming Sideburns, Brincadeira (Ordes), Castelo Rock (Muros), Felipop (Limodre-Fene), LolaPop (Ponte Caldelas) e A Festa dos Mundos (Oleiros).

No programa soarán: Samesugas, Los Villanos de Boraville, Thee Blind Crows, Parking Song, The Blows, Dirty Socks, The Flaming Sideburns, Foggy Mental Breakdown, Sex Museum, Los Chavales, Los Ilegales, Collection, Colatonic, Niño y Pistola, Les Philippes, Os Tornados, Cooper, The Right Ons, Napoleón Solo, Los Marcianos e Triángulo de Amor Bizarro.

PROGRAMA 14: TONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS + INVIVO

Teremos con nós a TONY LOMBA & ELIO DOS SANTOS. Contaremos coa presencia do grupo de Metal Crú compostelano INVIVO que se achegarán a Plástico Elástico a presentarnos o seu primeiro longa duración.

No programa soarán bandas que esta esta semana estarán presentes nos encearios galegos en diversos locais e festivais. Los Villanos de Boraville, Niños Mutantes, Napoleón Solo, Invivo, Tony Lomba & Elio dos Santos, The Noisers, Los Lombardi, Kogito, Dakidarría, Doctor Explosion, Moon Cresta, Nadadora, Tapiporla e Doctor Gringo daran o toque musical á nosa edición de hoxe.

PROGRAMA 15: GRUPOS GALEGOS POP - ROCK

Na edición de hoxe soarán grupos galegos de actualidade: Los Válvulas (A Coruña), Stereotipos (A Coruña), Sevigny (A Coruña), Cat People (Vigo), Linda Guilala (Vigo), 6PM (A Coruña), The Inspectors (A Guarda), Jabon Blue (O Barbanza), Capitán Furilo (Ponteareas) e Doctor Gringo (Compostela).

Falaremos de dous festivais que se van dar cita este vindeiro sábado 21 de agosto en Galicia. O DoloRock de Mosteiro-Meis (Pontevedra). Deste festival rescataremos para que soen no programa a Triángulo de Amor Bizarro e Igloo. Tamén falaremos do FIV (Festival Independente de Vilalba-Lugo) e programaremos un tema de Estereotypo.

Coma sempre, repasaremos a nosa axenda de concertos semanal e despedirémonos co adianto do novo traballo dos pontevedreses Los Villanos de Boraville que a vindeira semana visitarán Plástico Elástico para presentarnos o que vai ser o seu novo disco Coolio Weekendo (El Beasto 2010).

Regalaremos 1 copia do disco do Capitán Furilo e 5 do novo traballo de Doctor Gringo.

PROGRAMA 16: EL BEASTO RECORDINGS + LOS VILLANOS DE BORAVILLE

Hoxe Alberto Lodeiros de El Beasto Recordings pasaráse a pinchar as referencias vinílicas do seu selo (discos xa editados hai tempo, moitos deles descatalogados e tamén adianto de novas referencias que se van editar despois do verán).


Tamén recibiremos a visita dunha banda de Pontevedra, Los Villanos de Boraville que nos virán presentar en primicia mundial o adianto do que vai ser o seu novo e segundo disco "Coolio Weekendo: Acción, Psicosis y Rock and Roll" (tamén en vinilo que editará en outubro El Beasto).

Daremos boa conta de tres festivais que van ter lugar en Galicia esta fin de semana. O Xacobeo 10, San Roque Rock e o Festival Bailando entre os Toxos.

Adiantaremos datos da xira de Marky Ramone con Los Cadáveras e repasaremos a nosa axenda de concertos da semana en Galicia.

Na edición de hoxe soarán: The Flaming Sideburns, The Satelliters, The Lords Of Altamont, Indómitos, Jukebox Racket, Sonny Burgess & The Legendary Pacers, Jon Iturbe & The Radio Gangsters, Nuevo Catecismo Católico, Samesugas, The Phantom Keys, Brian Hooper, White Experience, The Right Ons, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Vindaloo Rockets, Snatch, Pito de Picasso, Ramones e Los Cadáveras.