akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

Alen da Onda Especial Eleccions 2011

Enviar Imprimir PDF

Descargar programa en formato Mp3

Descargar programa en formato Ogg

Seguimento da noite electoral nunha edición especial de Alén da Onda, con análises das primeiras enquisas parapsicolóxicas, debate sobre a inminencia do Novo Culto Mariano e a transcendencia mística do 20-N na historia de España. Como perla do programa unha entrevista con Mariano Rajoy, minutos antes de encamiñarse ao balcón xenovés para se dirixir aos congregados da nova fé política, concedida en exclusiva a Alén da Onda, como programa top no mundo do misterio e as ciencias paralelas. Os nosos expertos científicos do paranormal desentrañan todas as verdades ocultas e os fenómenos fantasmagóricos concorrentes nas eleccións xerais do 2011 e anticipan os vieiros místicos polos que decorrerá o novo tempo político baixo a éxide deste mesías galego e ben barbado.

Alén da Onda, no máis alá da política, no 107.9 da Kalimera Radio Livre

Colaboran neste programa: Expósito Alcocer, Marga Alborés, Carlos Meixide, Tomás Lijó, Carlos Santiago e Francisco Franco Baamonde

 

 

LAST_UPDATED2