akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

Alen da Onda 6

Enviar Imprimir PDF

Descargar programa en formato Mp3

Descargar programa en formato Ogg

Na sexta edición de Alén da Onda, na inminencia dos comicios máis fantasmagóricos da historia de España, os nosos expertos científicos do paranormal analizan o mundo das pantasmas, o advento do Novo Culto Mariano e o arrepiante fenómeno de Poltergeist que conmociona estes días a Casa Real. Contamos neste programa con convidados especiais como o exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, atormentado por unha pantasma durante a súa estancia de embaixador na Cidade do Vaticano, o Espírito da Constitución, o Espírito da Contradición, o Espírito Santo e a intervención estelar da Pantasma da Ópera. Conducindo o programa, como sempre, Casimiro Canalillo e os seus contertulios, o exitólogo Ezequiel Daniel, a cultísima ocultista Garma Alba e o catedrático de Parapsicoloxía Aplicada da Universidade de Uppsala, Nero Relicario, que nos conducirán por unha nova e estarrecedora viaxe ao mundo do paranormal nunha nova edición do programa máis arrepiante da FM galaica.

Alén da Onda, no máis alá do teu dial.

Colaboran neste programa Mónica de Nut, Expósito Alcocer, Marga Alborés, Carlos Meixide, Carlos Santiago, Anxo Villaverde, Juan Carlos I e Juan Felipe Froilán de Tódolos Santos.

 

LAST_UPDATED2