akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto
Alén da Onda

Alen da Onda 13

Enviar Imprimir PDF

 

Descargar en Mp3

Descargar en Ogg

Na decimoterceira edición de Alén da Onda, os nosos expertos científicos do paranormal adéntarnse dun monográfico insondábel sobre a Física Cuántica. Desde o principio de indeterminación máis absoluta o programa explora os misterios da partícula divina, o bosón ou bolsón de Higgs, pasando pola natureza da leira magnética e a alta densidade cuántica da provincia de Ourense, a proxección electrónica de Armando Ortega no mundo newtoniano, até a mesmísima orixe do universo nunha viaxe desbordada ao aquen infinitisemial da realidade. Ezequiel Daniel, Garma Alba e Nero Relicario, conducidos pola voz serena de Casimiro Canalillo, recén premiado con todo un premio Ondas, volven tentar os límites da incredulidade no programa máis paranormal da FM galaica, no 107.9 da Radio Kalimera.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Alen da Onda 12

Enviar Imprimir PDF

 

Descargar en Mp3

Descargar en Ogg

Recuperados do último ataque do FBI contras os nosos servidores, volve Alén da Onda, o programa sobre a realidade paranormal máis abraiante da Radio Kalimera. Nesta duodécima edición, perdida para sempre a undécima, dedicada á extravagante historia dos Papas, os nosos expertos científicos do alén mundo analizan a herdanza da Santa Inquisición e a súa mutación na Congregación para a Doutrina da Fe, asolada polos escándalos que dan pábulo a todo tpio de intrigas e purgas internas no seo da Igrexa Católica Apostólica e Romana. Os manexos do Papa Ratzinger e dos seus predecesores para acalar as voces demoníacas que asexan o exército de Cristo entre os casos de efebofilia e as contas paralelas da banca vaticana ocupan a primeira plana xunto doutros fenómenos parapsicolóxicos como o proceso de sucesión dinástica na Deputación Provincial de Ourense ou as loitas intraterrestres no interior do Bloque Nacionalista Galego, que deron na ruptura entre as seitas opostas ao poder reptiliano español e mundial tras a alianza entre os Hombres do Chapeu e os partidarios do Código Aymerich.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Alen da Onda 10

Enviar Imprimir PDF

 

 

 

Descargar programa en mp3

Descargar programa en ogg

Entre o pasamento de Isaac Díaz pardo e o colapso biolóxico de Manuel Fraga, Alén da Onda analiza as experiencias próximas á morte. Existe un ceo para os bos e xenerosos despois do túnel? Existe un inferno de xustiza para as almas facinerosas? Pasaríalle a Fraga toda a súa vida nun instante pola mente no derradeiro minuto sen cortes nin censuras?. Poucos días antes do acontecimento que sume España nun estado de amnesia colectiva, os nosos expertos científicos do paranormal analizaron estas e outras cuestións nunha nova edición do programa máis arrepiante das FM galaica. E como colofón un achegamento ao fenómeno de Poltergeist que sacode San Caetano e ameaza con absorver de vez o autogoberno galego.

Alén da Onda, no máis alá do teu dial, no 107.9 da Radio Kalimera.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Alén da Onda 9

Enviar Imprimir PDF

 

 

Descarga o programa en Mp3

Descarga o programa en Ogg

Na derradeira entrega de 2011, Alen da Onda aborda as previsións apocalípticas para 2012 e a catástrofe termonuclear agoirada pola civilización Maia hai cinco mil anos para o mes de decembro de tal ano. Os nosos espertos científicos do paranormal despiden este ano nefasto dilucidando as diferentes teorías sobre a fin do mundo, desde o cambio de era até a apocalipse clásica pasando pola instauración do comunismo tribal como fase posterior ao capitalismo en crise. Unha selección cos mellores momentos psicofónicos do programa, que inclúe o poltergeist na Casa Real, o exorcismo do alcalde de Santiago, a psicofonía da gasolineira de Guitiriz ou diversas declaracións paranormais do actual presidente do goberno español, serve de pretexto para brindar por un novo tempo cheo de fenómenos parapsicolóxicos e avatares transmundanos. E para que nada falte, fica grabada a enésima aparición nas ondas estocásticas da pantasma de Alfredo Brañas, espectro xa familiar no programa máis arrepiante da FM galaica.

Alén da Onda, no máis alá do teu dial, no 107.9 da Radio Kalimera.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Alén da Onda 8

Enviar Imprimir PDF

 

Descarga o programa en formato Mp3

Descarga o programa en formato Ogg

Nunha nova entrega do programa máis paranormal da FM galaica, a oitava edición, adicada ao Nadal, os nosos expertos en parapsicoloxía e ciencias ocultas desentrañan a auténtica identidade de Xesucristo, a decadencia borbónica asociada á Monarchia Universalis e a corrupción do RH real por obra de xenros vascongados, e tamén, a petición popular, a ascendencia imparable da Triple R, unha escura loxia masónica galega que domina xa as tres institucións fundamentais do Estado Español, a Conferencia Episcopal, o Goberno e a SGAE. Estes e outros misterios, como a loita titánica entre Papa Noel e os Reis Magos polo dominio do mercado fantástico infantil conforman un programa cheo de bos desexos e mellores intencións como é propio destas datas entrañábeis. Cos habituais contertulios, o exitólogo Ezequiel Daniel, o catedrático de ciencias paranormais Nero Relicario, a artróloga Garma Alba e o inefable Casimiro Canalillo.

Alén da Onda, no máis alá do teu dial, no 107.9 da Radio Kalimera.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL