Plástico Elástico 17
Luns 06 de Septembro de 2010 09:51
administrador

LA HABITACIÓN DE FELUCAS + TAPIPORLA
Para escuitalo ou descarregalo clica nesta ligazón de Radio Pai
Recebemos a visita de La Habitación de Felucas que presentaran os videos de Malandrómeda e Sr. Anido ademáis de adiantarnos o que vai acontecer na súa habitación nos vindeiros meses e presentarnos os carteis das vindeiras festas de Opa Chavales. Tamén nos ofrecerá a súa propia recomendación musical.
Despois da visita de Felucas teremos connosco a Tapiporla que este venres 3 presentarán o seu primeiro disco na nosa cidade. Falaremos tamén da visita a Galicia de Marky Ramone, MudHoney e Young Fresh Fellows, do Festival Xiria Pop e do 5º Aniversario de A Reixa Tenda.
Na edición de hoxe soarán: Malandrómeda, Sr. Anido, Ramones, Marky Ramone, Los Cadáveras, Tapiporla, Mudhoney, Micky y Los Colosos Del Ritmo e Mike Farris and The Roseland Rhythm Revue.
Regalaremos EN DIRECTO dous sinxelos asinados por Marky Ramone.
LAST_UPDATED2
Plástico Elástico Agosto ( programas nº 13,14,15 e 16)
Luns 06 de Septembro de 2010 09:33
administrador

Para escuitar ou descarregar os programa emitidos durante o mes de agosto (nºs 13, 14, 15 e 16), accede a esta ligazón de Radio Pai
Informate do contido destes programas clicando en LER MÁIS
Ler máis...
Plástico Elástico 12
Xoves 29 de Xulio de 2010 09:10
administrador
  
PLÁSTICO ELÁSTICO 12
AXENDA FESTIVAIS DE VERÁN EN GALICIA
O mércores 28 de xullo ás 23.00 falamos do C.D. Come On Pelegrín (Regalamos 10 copias) e dunha longa lista de festivais que se van dar cita nos vindeiros días por Galicia. Festival Noroeste Pop Rock, Felipop, Brincadeira, Rock and Roll Dance Party III, Castelo Rock, Armadiña Rock, LolaPop (sorteamos 5 entradas), DoloRock, Paredes de Coura (Portugal) e A Festa dos Mundos.
Na edición de hoxe soaron: Shit Pony, Dirty Socks, Tapiporla, Los Lombardi, Pito de Picaso, Cornelius 1960, Carlos Childe Troupe, Igloo, Colatonic, Niño y Pistola, Les Philippes, Os Tornados, Cooper, Sex Museum, Los Chavales, Foggy Mental Breakdown, Los Ilegales, Thee Blind Crows, Samesugas, StandStill, Niños Mutantes, L.A., Napoleón Solo, Triángulo de Amor Bizarro e Motorhead.
Podes escoitarnos en directo ou descargar xa o podcast desde o sitio web de Plástico Elástico (Programa 12). Também podes escuitalo en Radio PAI.
Saúdos Elásticos !!!
Plástico Elástico 11
Xoves 22 de Xulio de 2010 10:21
administrador
 
PLÁSTICO ELÁSTICO programa nº 11 (21 de xullo)
NARF PRESÉNTANOS ALÓ IRMAO
+ PISTA OCULTA PRESENTA COME ON PELEGRÍN
En mércores 21 de Xullo ás 23.00 en Plástico Elástico na Radio Kalimera 107.9 F.M. tivemos con nós un convidado de luxo. Fran Pérez-NARF que pasouse a presentar o disco Aló Irmao. Falamos con él tamén do pasado (Nicho Varullo, Os Quinindiolas, Psicofónica, etc)
Tamén recibemos a visita da xente de Pista Oculta que este vindeiro venres van presentar o c.d. recopitalorio de grupos underground compostelanos Come On Pelegrín na Sala Moon de Compostela, onde por certo, estaremos pinchando Plástico Elástico. Sintonízanos no 107.9 F.M. se vives en Compostela. Se non resides na nosa cidade poderás escoitarnos o xoves 22 á mesma hora na internet, en Radio Pai ou ouvilo ou descargar o podcast clicando cá SORTEAMOS DISCOS ASINADOS POR NARF E ENTRADAS CON CD PARA A PRESENTACIÓN DE COME ON PELEGRIN!!
DATE PRESA QUE SE ESGOTAN!!!
Nesta 11ª edición soaron: Narf e Manecas Costa, Narf, Nicho Varullo, Os Quinindiolas, Psicofónica, O Labirinto dos Soños, Metralletas Lecheras, Pito de Picaso e Piti Sanz.
Saúdos Elásticos!!!
LAST_UPDATED2
Ler máis...
Plástico Elástico 10
Venres 16 de Xulio de 2010 08:32
administrador

PLÁSTICO ELÁSTICO 10: ACÚSTICO DE NOVEDADES CARMINHA
+ NORDESTAZO + CULTURA QUENTE
Emitido en direito o xoves 15 de xullo ás 23.00 en este Plástico Elástico 10 (Musical Underground Especializado) tivemos un mini-concerto acústico dos compostelanos NOVEDADES CARMINHA desde o noso estudo de radio, especiais Nordestazo Rock + Cultura Quente e axenda semanal de concertos por Galicia.
SORTEAMOS 3 COPIAS DO 7" FORMATO VINILO "SINCERAMENTE CARMINHA" ASINADOS POLO PROPIO GRUPO. ¡¡¡NON TE QUEDES SEN A TÚA COPIA!!!
Nesta 10ª edición soaron: Novedades Carminha, We Are Standard, Niños Velcro, Dirty Socks, Johnny Winter, The Sonics, Magnética, Eladio y Los Seres Queridos, Santos Morcegos, Los Chavales, The Phantom Keys, Jabon Blue, Zenzar e Narf.
XA PODES ESCÓITALO ou descárgalo desde esta ligaçom de Plástico Elástico . Saúdos Elásticos!!!
LAST_UPDATED2
Plástico Elástico 9
Xoves 08 de Xulio de 2010 10:36
administrador

PLÁSTICO ELÁSTICO Nº 9 NORDESTAZO ROCK + MEQUETREFE + VIGO TRANSFORMA + LOS STRAITJACKETS
Ola a todos(as)!!!
Xa está dispoñible para descargar o podcast da edición número 9 de Plástico Elástico na que falamos con Charli do Nordestazo Rock, recibimos a visita dos compostelanos Mequetrefe, adicamos un bo espazo ao Festival Vigo Transforma, anunciamos a cancelación da xira dos StraitJackets, repasamos a nosa axenda semanal de concertos por Galicia e escoitamos algunha que outra novidade discográfica Underground feita en Galicia.
No programa soaron: We Are Standard, Niños Velcro, Novedades Carminha, Mequetrefe, Triángulo de Amor Bizarro, StandStill, The XX, Love Of Lesvian, Polock, Los StraitJackets, Metralletas Lecheras, Sugar Mountain, Sinestesia e The Noisers.
ESCOITAO ou DESCÁRGAO Clicando cá Saúdos Elásticos!!!
LAST_UPDATED2
Comochoconto - Futebol
Mércores 16 de Xuño de 2010 10:39
administrador

Co galho do mundial de futebol neste programa de Comochoconto fala-se de em que se converteu este jogo, como entrou na orbita do capitalismo e alguns contos relaçonados com ele
Escuta ou descarrega nesta ligaçom de audiolivre
Mulheres e Vice-versa - Israel
Luns 07 de Xuño de 2010 11:54
administrador

Umha critica áceda sobre os assassinatos de Israel contra as integrantes da Flota da Liberdade e sobre o povo palestiniano.
Escutia ou descarrega desde esta ligaçom de archive.org
LAST_UPDATED2
Plástico Elástico volve ás ondas na Kalimera
Luns 07 de Xuño de 2010 11:15
administrador

Plastico Elástico, ao vivo en A Kalimera todos os mércores ás 23
Despois de varios anos de silencio o espazo radiofónico Plástico Elástico volveu ás ondas da Kalimera o pasado mércores 12 de maio as 23.00h.
Agora podedes desfrutar dos 4 primeiros programas desta nova andaina acedendo a este enlace da radio PAI (emisora clandestina por internet ) desde onde podedes escuita-los ou descarga-los
Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre Galicia. Unha viaxe na que se mesturan todo tipo de sons nunha odisea elástica en canto a variedade de estilos e tendencias musicais se refire.
( para coñecer mellor de que vai este programa e porse en contacto con ele clica en Ler Máis )
LAST_UPDATED2
Ler máis...
Xoubas - 9
Luns 07 de Xuño de 2010 10:18
administrador

Novena edición de Xoubas, e penúltima desta tempada, interrompida ata fin de exames de xuño. Emitido ao vivo en Mércores 26 de maio de 2010.
Hoxe contamos coa presenza do noso amigo David, que xa nos acompañou hai dúas semanas co seu “Vituperio da serpe”, a sección inesperada e improvisada da que nós non sabemos absolutamente nada. Ademais, comentaremos os casos xudiciais máis rocambolescos dos USA, traemos crítica literaria, analizando “As 48 leis do poder”, un maquiavélico libro e, como xa é habitual en Xoubas, analizamos perlas zurullescas da historia do cine desaprobadas polas nais e as autoridades eclesiásticas.
Escuita ou descarrega clicando cá
Para aceder aos outros Xoubas clica acolá
LAST_UPDATED2
Xoubas - 8
Luns 07 de Xuño de 2010 10:15
administrador
Por oitava vez, un buque veu do Gran Sol con toneladas de Xoubas frescas listas para vender. Aínda coa resaca da Ascensión e o regusto a pogo do concerto de Emir Kusturica, e sacrificando as tan esperadas tardes de sol para saír pescar, traémosvos unha hora do mellor do peor cine, sexo duro e sen compasión, amosamos as goteiras do sistema xudicial ianqui, e como plato principal, unhas boas cocochas: entrevistaremos aos mesmísimos Han Solo e Chewbacca, que veñen de visita ao noso planeta.
Emitido ao vivo em mercores 19 de maio de 2010
Escuita ou descarrega neste enlace de audiolivre
Xoubas - 7
Luns 07 de Xuño de 2010 10:12
administrador
Sétima edición de Xoubas, o noso pequeno curtocircuíto na corrente continua das ondas hertzianas emitido ao vivo en 12 de maio de 2010.
Hoxe está connosco o noso bo amigo David para marcar un fito na historia da radio: presentar a súa sección, da cal nós non sabemos absolutamente nada ata o momento en que comeza a falar. Co gallo da Fest Hortera da Radio Kalimera, faremos un especial adicado ao marabilloso mundo do horterismo. Tamén comentaremos os premios Stella ao absurdo xudicial e o máis cru da bizarra historia do cine.
Escuitar ou descarregar clicando cá
Xoubas - 6
Luns 07 de Xuño de 2010 10:03
administrador
Sexta edición de Xoubas, o programa que máis cheira a peixe da radio minoritaria, emitido ao vivo em Mércores, 5. Maio 2010.
Neste programa entrevistamos Pelegrín, o entrañable icono do Camiño de Santiago. Tamén contamos coa presenza da nosa sexóloga e mamporreira en ratos libre, Raquel, e recuperaremos a nosa sección de cine bizarro, para contemplar ata que punto hai xente que non debería ter unha cámara, e coma sempre os premios IgNobel. Inauguramos, paralelamente, unha seccion adicada aos Premios Stella, que se otorgan aos peores erros xudiciais dos EEUU.
Descarregar ou ouvir clicando neste enlace
Comochoconto - Israel e Palestina
Venres 04 de Xuño de 2010 08:42
administrador

Programa reemitido com motivo dos sucessos do assalto israeli á "Flota da Liberdade".
Palavras de compas solidárias deslocalizadas em Palestina e Israel que damo-nós conta do que lá virom e escuitarom, além de textos e contos sobre essa parte do mundo e o papel dos falsimedias.
Fora emitido em novembro de 2006, mas quatro anos depois, infelismente, segue de actualidade.
LAST_UPDATED2
Comochoconto - Biografia de Fraga (1)
Venres 28 de Maio de 2010 10:16
administrador

Programa da radio livre de Compostela A Kalimera adicado a vida e obras de Manuel Fraga Iribarne (1ª parte):
Para descarregar ou ouvir clica cá
- A Autêntica Biografia de Manuel Fraga
- A sua fazeta como plagiador de livros
- Ministro de Publicidade Fascista: a Lei de Prensa e a machacona campanha mediática do "España es diferente"
- Os sucessos de Palomares
- Ministro da Gobernaçom com o Borbom : Máximo responsável da brutal repressom
- Fraga, filho putativo do empresário basco Ybarra ???
Ler máis...
Xoubas - 3 ,4 e 5
Martes 25 de Maio de 2010 08:27
administrador

Benvidas á Xoubas, o recuncho de entretemento e humor dadá da Radio Kalimera. Afastándonos do convencional, e regando o percal con boa música, todos os mércores de 6 a 7 nos podedes atopar no 107.9 do dial de Santiago de Compostilla.
Se agardades uns programas convencionais cun desenvolvemento coherente e unha unidade no conxunto das partes, aínda estades a tempo de cambiar de emisora, o cal non implica que o teñades que facer.
Escuita ou descarrega os programas de Xoubas 3 , 4 e 5 clicando sobre eles:
XOUBAS 3
XOUBAS 4
XOUBAS 5
Ler máis...
Mulheres e Vice-versa - Os Sindicatos
Venres 14 de Maio de 2010 12:02
administrador

Novo programa de mulheres e vice-versa da rádio livre A Kalimera de Compostela (Galiza) onde analisa-se a funçom dos sindicatos como vendidos ao sistema capitalista.
Liberadxs , quantiosas subvençons , anti-assemblearios , amiguismo com a patronal , criminalizadores da dissidência mais activa e combativa,...
Escuta ou descarrega clicando cá
LAST_UPDATED2
Ler máis...
Mulheres e Vice-versa - Educaçom, Repressom e Criminalizaçom das Meninas
Luns 03 de Maio de 2010 11:48
administrador

Ante a demanda reaçonária de endurecemento das penas cometidas por crianças e mesmo da rebaixa da idade penal fazemos umha analise crítica desta situaçom de repressom e criminalizaçom das meninas e meninos.
Escuta ou descarrega cá
LAST_UPDATED2
Ler máis...
Comochoconto - 25 de abril sempre?? - O pápel da rádio na revolta
Mércores 28 de Abril de 2010 08:03
administrador

Escuta ou descarrega clicando cá
Reposiçom do programa emitido em 25 de abril de 2006.
Umha vissom particular desde a óptica da rádio como médio de apoio à revolta.
Ler máis...
Comochoconto - Homenagem a José Couso
Martes 13 de Abril de 2010 10:46
administrador

A 3 anos do assassinato de José, foi emitido este programa de Comochoconto na sua homenagem, agora quando já fai 7 anos, o assassinato segue impune com o visto bo dos militares e os governos americano e espanhol.
Escuta ou descarrega clicando cá
LAST_UPDATED2
Ler máis...
|
|