akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

12 Festa Hortera (Homenagem a Ramoncin)

Enviar Imprimir PDF
sexta feira-venres 18 de maio às 22:00' na Sala NASA
HOMENAGEM A RAMONCIN
kfc3

Por próprios merecementos, para que tenha umha outra oportunidade de subir a um cenário e demonstrar o seu monstruoso talento como escrevedor de éxito, politólogo capaz, preclaro analista contertúlio, cantante precoce, precursor da movida, poeta de élite, versado jogador de bilhar americano, escol bo e generoso.

clica em ler mais:

JÁ PODES ESCUTAR AS CUNHAS HORTERAS DESTE ANO 2007

e TAMBÉM poderás aceder a saber mais desta festa, a tua festa.

 

cunha roda imprensa ramoncin

Desde já o nosso agradecemento à gente que nom sendo kalimeras estám a colabourar para que esta Festa Hortera tenha, de novo, um grande sucesso. Em especial aos nossos desenhadores P e SS , ao nosso cenógrafo F, às nossas factotum de cunhas R e V, aos videocriativos K , à nossa fotógrafa S, ao nosso pincha A, aos apresentadores voluntariosos V e R , e à gentilha da NASA e a quantas pessoas e locais estám ajudando a defundi-la.
E em especial agradecemos as críticas recebedas até o momento:
- “Buf que peninha o desta gente”. -anónima.

- “Cansino frivolidade, issa é a matéria de trabalho da Rádio Kalimera nos últimos tempos...” -gz.

- “Enfim, se trabalhassem algo (na sua moribunda rádio ou em qualquer outro projecto), melhor nos iria a todos.” –um

- “Vaia novidade, os da kalimera dando o cante jondo por ahí coma sempre. vades de protas, e do único que sodes protagonistas é do fracaso do voso proxecto e da vosa incapacidade completa para axir con xente que pensa distinto ca vós. detrás da kalimera non hai máis que fume, o da xente que saiu queimada pola intolerancia dos seus factotums. o que existiu foi Radio Kalimero, e desapareceu hai tempo así que deixade de vivir de rentas xa especuladores da revolución pensionistas do capital político que sodes incapaces de rexenerar, quitade a careta dunha vez!” –antón

- “hai que abrirse ao mundo kalimeros, e aprender a traballar con xente distinta. presos de prexuízos non ides a ningures tanto purismo ideolóxico non aporta nada máis que elites autocompracentes e políticamente inertes”. –eu

- “anda... pois eu estava convencido de que Rádio Kalimero já nom existia...” –compostelao

- “Pois si que é bipolar esta mensaxe(???) da radio libre (???) kalñimera. Tanta crítica para ao final sentar o cu para "contrainformar" a base de recortes de xornal nunha cadeira nun local que se paga a base de subencións... Ale, a desfrutar da enfermidade”. –terrans
- “euskadite + compostelanite = "radio" kalimera... por que para ser unha radio, primeiro hai que emitir, e por outra parte, de qué sirve emitir se ninguén vos escoita? que xa está ben de repetir gravacións, cuñas e músicas! Pódese dizer? sí podese dizer: kalimeros, sodes un subproducto do fraguismo, un residuo dos axentes galegos de transformación social que agás casos coma o voso souberon evoluir e agora opera noutros parámetros onde o que prima non é o purismo ideolóxico e a "coherencia" senón a apertura a distintas visións -políticas, ideolóxicas, emocionais, sexuais...- e a capacidade de traballo en equipo, e por tanto, a tolerancia. Estades quedando sós... igual de sós que o PP. seguides enquistados nas vosas verdades absolutas, seguides sendo incapaces de encetar a máis liviana autocrítica e por iso sodes incapaces de medrar e axir conxuntamente coas demais visións políticas, alén dos ciclos periódicos de erasmus e de estudantes que duran o que tardades en queimalos coas vosas movidas e políticas de salón e barra de bar alternata. Se queredes seguir perdendo o tempo coa vosa actividade tolerada e supervisada polo concello de santiago, alá vos”. –outra vez eu
- “Farto de kalimeros, que xa está ben, que xa non enganades a ninguén, que non sodes quen de facer nada sós máis que chupar da casa encantada, e tampouco sodes quen de facer nada con máis xente, que xa está ben de factotums, a ver se aprendedes que só cando ninguén é imprescindibel poden os proxectos ter visión de futuro! kalimeros especuladores rentistas pensionistas do capital revolucionario!.- outra vez antón.

Se tu queres colabourar com A Kalimera:

Podes mercar o cartaz, camisolas ou crachás da Festa Hortera ou da rádio, tede-las em:

Embora, Bartolo, Medusa e Avante

Mais informaçom sobre a festa hortera nesta mesma página.

Vissita as notícias relaçonadas:

- 12ª FESTA HORTERA e 11º FESTIVAL DA CANÇOM ESPANHOLA I ESTRANGÉIRA CONSECUTIVO

- QUE É O QUE É A FESTA HORTERA ??

 

 

 

LAST_UPDATED2